
A Costa da Morte colle rumbo a Marrocos. 3.000 quilómetros nun 4x4 do 91, coa nosa bandeira pintada na chapa. Non imos gañar. Imos chegar.
Os Chatarreiros poñen o coraxe e o volante. Costa da Morte pon a alma: a calavera do Death Coast viaxa con eles ata o deserto. Cada quilómetro é territorio.
Costa da Morte · Death Coast
Un todoterreo do 91 rotulado de arriba abaixo co Death Coast. Feo, duro e noso.
No Chatarras Raid os coches teñen 15 anos mínimo. O noso ten máis. Non fai falla un coche novo para chegar lonxe: fai falla ganas e un bo mecánico de fin de semana.
O Chatarras Raid é o Dakar dos que non poden co Dakar: coches vellos, solidariedade e 6 etapas por Marrocos levando material a comunidades illadas. Aventura de verdade, low cost e con corazón.
Buscamos marcas que queiran subirse a esta aventura. O teu logo viaxa 3.000 km na chapa dun coche que non pasa desapercibido, e en cada foto e vídeo do camiño.
O teu logo rotulado no coche durante todo o raid. Visibilidade real en ruta.
Aparición nos vídeos e fotos da aventura, en Instagram e no diario do raid.
Non é publicidade fría: é formar parte dunha epopea de dous da Costa da Morte.
Todo o camiño, etapa a etapa, na conta do equipo. Comparte, apoia e vive o raid dende a casa.