O 4x4 da Costa da Morte ao solpor, entre muíños
Chatarras Raid · Marrocos · Nº 6722

A calavera cruza o deserto

A Costa da Morte colle rumbo a Marrocos. 3.000 quilómetros nun 4x4 do 91, coa nosa bandeira pintada na chapa. Non imos gañar. Imos chegar.

3.000Quilómetros
6Etapas
1991O ano do coche
2Dumbrieses
Costa da MorteDeath Coast3000 kmMarrocosChatarras RaidNº 6722 Costa da MorteDeath Coast3000 kmMarrocosChatarras RaidNº 6722
A colaboración

Dúas marcas,
unha bandeira.

Os Chatarreiros poñen o coraxe e o volante. Costa da Morte pon a alma: a calavera do Death Coast viaxa con eles ata o deserto. Cada quilómetro é territorio.

Costa da Morte Death Coast Costa da Morte · Death Coast
×
Os Chatarreiros David & Rubén · Dumbría
A calavera de Costa da Morte pintada no lateral do 4x4
A besta · G-6722-LI

Negro mate.
Calavera á vista.

Un todoterreo do 91 rotulado de arriba abaixo co Death Coast. Feo, duro e noso.

A máquina

Vella. Fea.
Imparable.

No Chatarras Raid os coches teñen 15 anos mínimo. O noso ten máis. Non fai falla un coche novo para chegar lonxe: fai falla ganas e un bo mecánico de fin de semana.

'91
Ano de matrícula
4x4
Tracción total
100%
Negro mate
0
En luxo
O reto

Da Costa da Morte
ao Sahara.

O Chatarras Raid é o Dakar dos que non poden co Dakar: coches vellos, solidariedade e 6 etapas por Marrocos levando material a comunidades illadas. Aventura de verdade, low cost e con corazón.

01
Saída
Dende Galicia, cruzando España enteira.
02
Estreito
Ferry a Marrocos. Empeza o deserto.
03·05
Marrocos
Pistas, dunas e pobos. O corazón do raid.
06
Meta
Chegar. Iso xa é gañar.
Fronte do coche co sol de fondo Vista cenital coa calavera no teito Fronte recto do 4x4 Tres cuartos ao solpor Parte traseira do coche
Para marcas

Pon o teu logo
rumbo a Marrocos.

Buscamos marcas que queiran subirse a esta aventura. O teu logo viaxa 3.000 km na chapa dun coche que non pasa desapercibido, e en cada foto e vídeo do camiño.

01

Na chapa

O teu logo rotulado no coche durante todo o raid. Visibilidade real en ruta.

02

Nas redes

Aparición nos vídeos e fotos da aventura, en Instagram e no diario do raid.

03

Cunha historia

Non é publicidade fría: é formar parte dunha epopea de dous da Costa da Morte.

Quero patrocinar · 646 11 63 90
Segue a aventura

Vén con nós
ata a meta.

Todo o camiño, etapa a etapa, na conta do equipo. Comparte, apoia e vive o raid dende a casa.

Seguir en Instagram